Saturday 27 de April de 2024

Carral converterase no epicentro da ximnasia rítmica coa celebración de dúas citas esta fin de semana


Carral converterase mañá, sábado 16 de marzo, no epicentro da ximnasia rítmica. Todo grazas á celebración do IX Torneo Club Ximnasia Rítmica Carral e do XXI Certame Municipal de Ximnasia Rítmica. Ambas as dúas citas están organizadas polo Concello en colaboración co Club de Ximnasia Rítmica de Carral e terán lugar no pavillón do Espiño.

Por unha banda, de 9.00 a 14.00 horas levarase a cabo o IX Torneo do Club Ximnasia Rítmica Carral, no que tomarán parte 20 clubs procedentes de toda a provincia.

Pola outra, ás 16.30 horas está previsto o inicio do XXI Certame Municipal de Ximnasia Rítmica. Ao longo do mesmo, haberá 45 actuacións da contorna carralesa.